Proposta de modificación puntual do regulamento orgánico do pleno. rexistro de intereses. publicidade declaracións logo do cese
- Promueve
- Gobierno municipal / órgano proponente
- Última votación
- Resultado
- Aprobada
Estado de ejecución: no evaluado. La aprobación en el pleno no acredita la realización de la medida.
Expediente: 2023/ORDRG/000002
Cómo votó cada partido
· Aprobada
- BNG
- A favor
- PP
- Abstención
- PSOE
- A favor
Leer el fragmento de la votación
Rematado o debate, realízase votación ordinaria dos membros presentes sendo o seu resultado: A favor: 14 (9 BNG e 5 PSdeG-PSOE) Abstencións: 11 (PP) Polo tanto, o Pleno do Concello, por maioría, presta a súa aprobación á proposta que consta no expediente ditaminado favorablemente e, en consecuencia, acorda: “1.- Aprobar inicialmente a modificación do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Pontevedra segundo consta no apartado “1 . Modificación que se propón ”, da parte relativa a memoria e informe xustificativo do documento incluído no expediente asinado a 14.07.2023 pola Secretaría xeral e pola Concellería Delegada (documento denominado “Memoria e Informe xustificativo. Proposta de Acordo”). 2 .- Someter, de conformidade co art. 49 da lei 7/1985, a devandita modificación a información pública e audiencia dos interesados por un prazo de 30 días hábiles. A estes efectos publicaranse anuncios de exposición pública no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro electrónico. Así mesmo, e de conformidade cos arts. 133.2 da Lei 39/2015, art. 7 c) d) e e) da Lei 19/2013 (en relación co 5.4 da mesma norma), con carácter previo ou simultáneo publicarase tamén anuncio de exposición, acompañado do documento “Memoria e informe xustificativo. Proposta de Acordo” (no que consta o texto proposto da modificación segundo o sinalado), e demais documentos que integran neste momento o expediente, na sede electrónica ou portal web do Concello, manténdose esta publicación en tanto dure o prazo de alegacións. Nos anuncios de exposición haberá facerse constar dita publicación a efectos da súa consulta. O prazo de exposición e audiencia estenderase desde o día seguinte á primeira publicación ata a finalización do prazo contado desde a última. 3.- Considerar definitivamente aprobada a modificación do regulamento no suposto de que non se presenten reclamacións e suxestións no devandito prazo. Nos anuncios farase constar esta previsión. 4.- Proceder, unha vez aprobada definitivamente a modificación, á súa publicación íntegra no BOP, sen que entre en vigor ata que teña lugar dita publicación e transcorra o prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das bases do réxime local. Así mesmo, segundo o art. 7 da Lei 19/2013 (en relación co seu art. 5.4), procederase á publicación do seu texto na sede electrónica, facultándose á Secretaría á súa inclusión nun Texto Refundido que a incorpore.”Título original y notas de la extracción
6.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DO REGULAMENTO ORGÁNICO DO PLENO. REXISTRO DE INTERESES. PUBLICIDADE DECLARACIÓNS LOGO DO CESE. 2023/ORDRG/000002.
Clasificación provisional de la fuente: Pontevedra / entorno
Ficha documental provisional. Los títulos y fragmentos se conservan en gallego, tal como aparecen en la fuente. Fuentes y criterios