Relativa á creación dunha rede de aseos inclusivos na cidade de pontevedra
- Promueve
- PSOE
- Última votación
- Resultado
- Aprobada
Estado de ejecución: no evaluado. La aprobación en el pleno no acredita la realización de la medida.
Expediente: 2024/INIPLENO/000004
Cómo votó cada partido
· Aprobada
- BNG
- A favor
- PP
- A favor
- PSOE
- A favor
Enmiendas identificadas: PP, PSOE
Leer el fragmento de la votación
Rematado o debate, realízase votación ordinaria, e o Pleno do Concello, por unanimidade dos membros (25), aproba a proposición do grupo municipal coas emendas presentadas e, en consecuencia, acorda: “a. Instar ao Goberno Municipal de Pontevedra a: 1. Crear progresivamente unha rede de aseos inclusivos en Pontevedra, accesibles as 24 horas do día, partindo, inicialmente e por esta orde, dos seguintes emprazamentos: Alameda de Pontevedra, Campolongo-Praza de Galicia e Pontevedra Leste-12 de novembro. 2. Dotar dun aseo inclusivo a cada edificio municipal de nova construción, salvo excepcións debidamente xustificadas e adaptar progresivamente un, tamén, dos actualmente existentes en cada unha das sedes do Concello de Pontevedra, que, ademais de dar servizo aos usuarios/as das dependencias municipais, actúen como aseos públicos (con control de acceso) que completen e incrementen a rede de aseos inclusivos de rúa descritos no punto 1. 3. Procurar un acordo/convenio entre a hostalería da cidade e o Concello de Pontevedra, que, mediante determinados incentivos, favoreza a implicación voluntaria de cafeterías e outros establecementos no uso libre e controlado dos seus aseos por parte de persoas que padecen incontinencias derivadas de múltiples causas, como tratamentos con quimioterapia, radioloxía ou inmunosupresores, enfermidade inflamatoria intestinal ou outro tipo de circunstancias médicas e biolóxicas. 4. Crear, en coordinación coa Área de Benestar Social do Concello de Pontevedra, unha liña municipal de axudas destinada a cofinanciar obras de adaptación de baños en vivendas particulares para persoas con distintas diversidades orgánicas funcionais e discapacidades. b. Instar á Xunta de Galicia a: 5. Activar unha liña de axudas aos concellos para subvencionar a instalación de aseos inclusivos no conxunto de Galicia. 6. Habilitar desde o Goberno Galego subvencións para a adaptación de aseos en vivendas particulares destinados a persoas con distintas diversidades orgánicas funcionais e discapacidades. 7. Dotar de, polo menos, un baño inclusivo, adaptado para persoas ostomizadas, aos edificios públicos de titularidade autonómica da cidade de Pontevedra. 8. Fomentar a creación dunha Rede Autonómica de Aseos Adaptados. c. Instar ao Goberno de España a: 1.- Dotar de, polo menos, un baño inclusivo, adaptado para persoas ostomizadas, aos edificios públicos de titularidade estatal da cidade de Pontevedra. 2.- Fomentar a creación dunha Rede Nacional de Aseos Adaptados.” d. Instar á Deputación Provincial de Pontevedra a dotar de, polo menos, un baño inclusivo, adaptado para persoas ostomizadas, aos edificios públicos de titularidade provincial da cidade de Pontevedra.”Título original y notas de la extracción
5.- PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á CREACIÓN DUNHA REDE DE ASEOS INCLUSIVOS NA CIDADE DE PONTEVEDRA. 2024/INIPLENO/000004. EMENDA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR.
Apoyo unánime de los presentes. No equivale a que asistieran los 25 concejales. Constan enmiendas en el acta. Consultar el texto final y sus votaciones.
Clasificación provisional de la fuente: Pontevedra / entorno
Ficha documental provisional. Los títulos y fragmentos se conservan en gallego, tal como aparecen en la fuente. Fuentes y criterios