Para a reforma da escola de piragüismo de pontevedra
- Promueve
- PP
- Última votación
- Resultado
- Aprobada
Estado de ejecución: no evaluado. La aprobación en el pleno no acredita la realización de la medida.
Expediente: 2026/INIPLENO/000026
Cómo votó cada partido
· Aprobada
- BNG
- A favor
- PP
- A favor
- PSOE
- A favor
Leer el fragmento de la votación
7.- RATIFICACIÓN DA SÚA INCLUSIÓN POR URXENCIA. PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA A REFORMA DA ESCOLA DE PIRAGÜISMO DE PONTEVEDRA. 2026/INIPLENO/000026 A ratificación da inclusión por urxencia do asunto na sesión plenaria resulta apreciada por asentimento unánime dos seus membros prensentes (24). De orde da Presidencia, o secretario dá conta do ditame favorable emitido pola Comisión de Benestar Social, Cultura e Dinamizacón Sociocultural, en data 18.06.2026, sobre a proposición que figura no asunto. A proposición do grupo municipal do Partido Popular é do teor literal seguinte: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: O piragüismo é, en Galicia, a disciplina que máis éxitos acadou para o noso deporte. Unha disciplina que ten, na nosa cidade, unha canteira inesgotable de talento que conta, na actualidad, con representantes notables como Carolina García, Antía Jácome, Claudia Couto, Pablo Crespo ou Jaime Duro que representan como ninguén non só a nosa cidade, senón a todo o noso pais. Todos eles, formados na Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, creceron e se formaron, como deportistas e como persoas, adestrando durante horas polas augas do río Lérez e, tamén, no peirao de As Corbaceiras nas instalacións que, dende fai anos, é a casa da EPCP. Non existen moitos clubs que poidan presumir de formar tantos deportistas de élite como os que a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra formou nos últimos anos; e, o máis importante, de formar máis de 150 rapaces e rapazas cada ano que, diariamente, adestran e se forman soñando con ser os próximos representantes pontevedreses nos campionatos mundiais ou nos Xogos Olímpicos e que se empapan -e nunca mellor dito- dun deporte e dunha filosofía de club que inculca o esforzo, a disciplina e o traballo duro como ferramenta para acadar os logros deportivos, pero tamén persoais e profesionais. En definitiva, un club do que sentirse orgullosos en Pontevedra. Lamentablemente, o club vive hoxe unha situación límite e este gran traballo que levan a cabo o realizan cada vez con maiores dificultades, nunhas instalacións indignas, xa non para un club do nivel da EPCP, senón para o desenvolvemento de calquera actividade deportiva que, com toda lóxica, fai mermar a masa social do club e pon en risco a súa viabilidade no medio prazo. En decembro do pasado ano 2025, Portos de Galicia e o Concello de Pontevedra anunciaron a tramitación dun novo convenio de colaboración en virtude do cal a administración local pasaría a asumir a xestión e reforma da instalación, comprometéndose por tanto a financiar a reforma da mesma. PROPOSTA DE ACORDO: 1. Instar ao Goberno Local a iniciar os trámites para que, de forma urxente, se inicien os traballos para a reforma integral das instalacións da escola de piragüismo. 2. Instar ao Goberno Local a, namentres non conclúen as obras de reforma, ubicar no peirao de As Corbaceiras, instalacións provisionais que permitan o desenvolvemento da actividade deportiva e formativa da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. 3. Dar traslado do presente acordo a Portos de Galicia.” (A continuación prodúcese o debate) Se máis intervencións realízase votación ordinaria e, o Pleno do Concello, por unanimidade dos seus membros presentes (24), aproba a proposición anteriormente transcrita.Título original y notas de la extracción
7.- RATIFICACIÓN DA SÚA INCLUSIÓN POR URXENCIA. PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA A REFORMA DA ESCOLA DE PIRAGÜISMO DE PONTEVEDRA. 2026/INIPLENO/000026
Apoyo unánime de los presentes. No equivale a que asistieran los 25 concejales.
Clasificación provisional de la fuente: Pontevedra / entorno
Ficha documental provisional. Los títulos y fragmentos se conservan en gallego, tal como aparecen en la fuente. Fuentes y criterios