Mobilidade e transporte

Relativa á finalización do paseo peonil e ciclista entre pontevedra e marín

Promove
PSOE
Última votación
Resultado
Aprobada

Estado da execución: non avaliado. A aprobación no pleno non acredita a realización da medida.

Expediente: 2024/INIPLENO/000017

Como votou cada partido

· Aprobada

BNG
A favor
PP
A favor
PSOE
A favor

Emendas identificadas: BNG

Ler o fragmento da votación
Rematado o debate, realízase votación ordinaria, e o Pleno do Concello, por unanimidade dos membros presentes (24), aproba a proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE coa emenda presentada e, en consecuencia, acorda: “A Corporación Municipal de Pontevedra acorda instar ao Goberno de España, e particularmente á dirección Xeral da Costa e do Mar, a: 1. Finalizar o proxecto denominado “UNION DEL ITINERARIO PEATONAL ENTRE MARIN Y PONTEVEDRA”, mediante a busca urxente dunha alternativa que faga compatible esta necesidade e demanda dos veciños e veciñas de Pontevedra e Marín coa preservación da Costa, a loita contra os efectos do cambio climático e o respecto á lexislación vixente nesta materia. 2. Proxectar, licitar e executar, á maior urxencia posible, o treito pendente de paseo entre o acceso á autoestrada AP-9 en Mollavao e a pasarela que finaliza actualmente nos Praceres, unindo así Pontevedra e Marín pola costa. 3. Dar continuidade, en condicións de seguridade, ao paseo peonil e ciclista desde Os Praceres ata o límite co Concello de Marín, a través do Cabo e Estribela, resolvendo adecuadamente o paso pola intersección entre a PO-11 e a entrada ao Porto de Marín Pontevedra. 4. Que ditos treitos, ao igual que os xa executados en Mollavao e en Marín, estean deseñados para a mobilidade peonil e tamén ciclista, en condicións de comodidade e seguridade para ambos tránsitos.”
Título orixinal e notas da extracción

6.- PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á FINALIZACIÓN DO PASEO PEONIL E CICLISTA ENTRE PONTEVEDRA E MARÍN. 2024/INIPLENO/000017.

Apoyo unánime de los presentes. No equivale a que asistieran los 25 concejales. Constan enmiendas en el acta. Consultar el texto final y sus votaciones.

Clasificación provisional da fonte: Pontevedra / entorno

Ficha documental provisional. Os títulos e fragmentos consérvanse en galego, tal e como aparecen na fonte. Fontes e criterios